Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Publicado o Plan de formación da EGAP para o 2020

    A Escola / Venres, 10 de Xaneiro de 2020.

    Despois da súa aprobación polo Consello Reitor o pasado 19 de decembro, a EGAP publicou no DOG do 10 de xaneiro o Plan de formación previsto para o ano 2020, que contén un total de 580 edicións formativas e 28.377 prazas.
  • O Consello Reitor da EGAP aproba o Plan de formación para o ano 2020

    A Escola / Xoves, 19 de Decembro de 2019.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, informou esta mañá ao Consello Reitor do dito organismo sobre o programa formativo previsto para o próximo ano, que incluirá máis de 28.300 prazas para persoal empregado público e que será publicado no DOG nos próximos días.
  • Felices festas!

    A Escola / Mércores, 18 de Decembro de 2019.

    Cos nosos mellores desexos para o 2020.
  • A EGAP reforza a formación práctica en contratación pública

    Cursos / Martes, 10 de Decembro de 2019.

    Esta mañá tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un obradoiro xurídico-práctico sobre contratación dirixido en exclusiva ao persoal empregado público de Galicia. Esta actividade, á que asistiron 50 persoas, tivo como finalidade comprender e coñecer en profundidade todas as fases do procedemento de contratación desde un punto de vista práctico e usando técnicas de dinámica de grupo coma o role play.
  • IV Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

    Xornadas / Xoves, 5 de Decembro de 2019.

    O próximo 17 de decembro terá lugar na EGAP a IV Xornada de formación práctica dixital (E-martes), centrada nos sistemas para a contratación pública: Portal contratos de Galicia. Licitación electrónica SILEX. Xestión de expedientes de contratación PLATION. Este contido adaptarase aos dous grupos de persoas a que vai dirixida a actividade, e constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 79 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212