De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convócase un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario ou persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.