Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP convoca un E-martes sobre os sistemas para a contratación pública

    Xornadas / Xoves, 21 de Novembro de 2019.

    O próximo 3 de decembro terá lugar na EGAP a III Xornada de formación práctica dixital (E-martes), centrada nos sistemas para a contratación pública: Portal contratos de Galicia. Licitación electrónica SILEX. Xestión de expedientes de contratación PLATION. Este contido adaptarase aos dous grupos de persoas a que vai dirixida a actividade, e constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.
  • Curso monográfico Os sistemas de integridade institucional nas administracións públicas

    Cursos / Luns, 18 de Novembro de 2019.

    A EGAP convoca para os días 2 e 3 de decembro un curso monográfico co obxectivo de dar a coñecer os aspectos xerais dos sistemas de integridade no sector público (conceptos de integridade e corrupción, políticas de integridade, modelos de prevención da corrupción e sistemas de xestión de cumprimento) xunto con aspectos máis técnicos vinculados á xestión de riscos nas administracións públicas.
  • Curso monográfico Como construír e de-construír crenzas limitantes? Auto-percepción e autonomía emocional

    Cursos / Luns, 11 de Novembro de 2019.

    A EGAP convoca un curso monográfico para os días 20, 21, 26, 27 e 28 de novembro no que se traballará co sistema de crenzas e valores tales como o respecto, a tolerancia e a empatía, enfocados a mellorar o igual desenvolvemento do alumnado, o empoderamento e a súa auto-percepción, como elementos fundamentais para a prevención da violencia de xénero.
  • Curso de permisos de corresponsabilidade nos coidados familiares para a igualdade

    Cursos / Martes, 5 de Novembro de 2019.

    A través do convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Federación de Empregados e Empregadas dos Servizos Públicos de Galicia convócase un curso online sobre permisos de corresponsabilidade nos coidados familiares para a igualdade, coa finalidade de visibilizar a necesidade dunha repartición equilibrada dos coidados e tarefas no ámbito da vida persoal, familiar e laboral, e por outro, fomentar a corresponsabilidade nas traballadoras e traballadores da Administración pública de Galicia.
  • Cursos de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Xoves, 31 de Outubro de 2019.

    De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e Cualtis, S.L.U. convócanse dúas edicións do curso prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dirixidas ao persoal que preste servizo no Pazo de Xustiza de Ourense.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 91 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212