Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Taller de contratación pública. Role play xurídico-práctico

    Cursos / Luns, 25 de Novembro de 2019.

    A EGAP convoca un obradoiro de contratación dirixido ao persoal empregado público coa finalidade de profundar nesta materia desde un punto de vista práctico e usando técnicas de dinámica de grupo coma o role play. 
  • A EGAP inicia a publicación electrónica das súas revistas científicas

    Publicacións / Luns, 25 de Novembro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) estrea un novo formato dixital para as súas revistas coa publicación do número 57 da Revista Galega de Administración Pública (Regap). Todos estes cambios teñen como finalidade non só facer máis accesibles os contidos á cidadanía e facilitar o achegamento do coñecemento científico á sociedade, senón tamén mellorar a súa catalogación nas principais bases de datos de publicacións científicas. 
  • A EGAP e a Universidade de Salamanca asinan un convenio de colaboración

    A Escola / Venres, 22 de Novembro de 2019.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o reitor da Universidade de Salamanca, Ricardo Rivero, asinaron onte en Salamanca un convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador. 
  • A EGAP convoca un E-martes sobre os sistemas para a contratación pública

    Xornadas / Xoves, 21 de Novembro de 2019.

    O próximo 3 de decembro terá lugar na EGAP a III Xornada de formación práctica dixital (E-martes), centrada nos sistemas para a contratación pública: Portal contratos de Galicia. Licitación electrónica SILEX. Xestión de expedientes de contratación PLATION. Este contido adaptarase aos dous grupos de persoas a que vai dirixida a actividade, e constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.
  • Curso monográfico Os sistemas de integridade institucional nas administracións públicas

    Cursos / Luns, 18 de Novembro de 2019.

    A EGAP convoca para os días 2 e 3 de decembro un curso monográfico co obxectivo de dar a coñecer os aspectos xerais dos sistemas de integridade no sector público (conceptos de integridade e corrupción, políticas de integridade, modelos de prevención da corrupción e sistemas de xestión de cumprimento) xunto con aspectos máis técnicos vinculados á xestión de riscos nas administracións públicas.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 94 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212