Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Convocatoria de actividades de formación continua para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Mércores, 6 de Febreiro de 2019.

    A EGAP convoca 178 actividades de formación continua dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumetnais do sector público autonómico e da Administración institucional.
  • Convocada a XXII edición do Premio Manuel Colmeiro

    A Escola / Martes, 29 de Xaneiro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, convoca o Premio Manuel Colmeiro co gallo de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as Administracións territoriais, institucionais e instrumentais do sector público de Galicia.
  • Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo

    A Escola / Luns, 28 de Xaneiro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación destinada a persoas que remataran o grao ou licenciatura en Dereito con posterioridade a xaneiro do ano 2012. 
  • Xornada A revisión dos actos e disposicións nulas de pleno dereito e a declaración de lesividade

    Xornadas / Luns, 28 de Xaneiro de 2019.

    A cuestión relativa á revisión de oficio dos actos administrativos e demais institucións xurídicas relacionadas, como a declaración de lesividade, a revogación, ou os límites á revisión de oficio constitúen temas clásicos en dereito administrativo, pero que se atopan en permanente actualidade pola súa crecente utilización debido a factores como a adopción de novos criterios xurídicos de valoración ou a perentoriedade dos prazos procesuais e a maior sensibilidade da cidadanía na procura de xustiza na correcta aplicación da lei. Cun importante compoñente práctico, a xornada abordará os procedementos regulados nos artigos 106 e 107 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, mediante a realización dun estudo da doutrina do órgano consultivo autonómico sobre estes procedementos nos anos comprendidos entre 2005 e a actualidade.
  • A EGAP convoca tres cursos sobre consumo

    Cursos / Martes, 22 de Xaneiro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), convoca cursos en teleformación dirixidos ao persoal do Instituto Galego de Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; das OMIX e das OMIC.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 97 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212