Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico Responsabilidades administrativas e penais de autoridades e funcionarios

    Cursos / Venres, 26 de Xullo de 2019.

    As autoridades e o persoal empregado público atópanse cada vez máis expostos aos riscos das accións xudiciais de exixencia de responsabilidades. En ocasións confúndense irregularidades, invalideces, nulidades e ilícitos penais. Este curso mostrará con exemplos prácticos as diferenzas entre os distintos tipos de rendición de contas, capacitando ao persoal empregado público e axentes da Administración para o mellor e máis seguro servizo público.
  • Curso superior de Administración electrónica

    Cursos / Mércores, 24 de Xullo de 2019.

    A EGAP acollerá a partir do 24 de setembro o Curso superior de administración electrónica, convocado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
  • A EGAP aproba un código ético e de boas prácticas para as súas revistas científicas

    Publicacións / Martes, 23 de Xullo de 2019.

    Esta mañá reuniuse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o consello de redacción da Revista Administración&Cidadanía (A&C), dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, coa finalidade de aprobar o código ético e de boas prácticas da revista e o contido do número 1 do volume 14. 
  • A EGAP inicia a transformación das súas revistas ao formato dixital

    Publicacións / Xoves, 18 de Xullo de 2019.

    Esta tarde reuníronse na EGAP os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar o contido do próximo número, o código ético e de boas prácticas e anunciar as modificacións que sufrirán as revistas da Escola de cara á súa transformación a un formato dixital. Todas estes cambios teñen como finalidade non só facer máis accesibles os contidos á cidadanía, senón tamén mellorar a súa catalogación nas principais bases de datos de publicacións científicas.
  • Apertura dun segundo prazo de presentación de solicitudes para o persoal das Entidades Instrumentais do sector público de Galicia

    Cursos / Mércores, 17 de Xullo de 2019.

    Resolución da dirección da ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA de apertura dun segundo prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de cursos convocados para persoal das Entidades Instrumentais do sector público Autonómico de Galicia
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 100 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212