A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca os cursos de prevención destinados a aqueles/as funcionarios/as que prestan os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia. Esta convocatoria, dirixida ao persoal que presta os seus servizos no partido xudicial da Coruña, así como as próximas convocatorias que se realicen nos restantes partidos xudiciais de Galicia, garantirán que os/as funcionarios/as dos corpos de médicos forenses, xestión administrativa e procesual, tramitación administrativa e procesual e auxilio xudicial posúan a preceptiva formación en materia de riscos laborais.