Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Alejandro Antelo Martínez gaña a XXI edición do Premio Manuel Colmeiro

    Investigación / Xoves, 9 de Maio de 2019.

    O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entregou este xoves o premio Manuel Colmeiro ó doutor en Dereito Alejandro Ramón Antelo Martínez. O traballo de investigación que se recoñece leva por titulo Las verbenas populares en Galicia: régimen de intervención municipal, unha publicación que para o vicepresidente propón ideas e adxunta avances concretos dos que pode beneficiarse a sociedade galega.
  • A EGAP convoca un novo curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015

    Cursos / Xoves, 9 de Maio de 2019.

    A EGAP convoca o curso superior As leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público: teoría e práctica coa finalidade de abordar o estudo das citadas normas desde unha perspectiva práctica, para o cal, nunha primeira parte de cada sesión, procederase á análise, estudo e debate dos temas propostos e, na segunda parte, á súa aplicación a través da resolución de supostos prácticos.
  • Curso de servidumes e limitacións sectoriais

    Cursos / Mércores, 8 de Maio de 2019.

    A EGAP e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) convocan un curso sobre servidumes e limitacións sectoriais coa finalidade de que o alumnado poida adquirir os coñecementos necesarios en relación coa normativa que regula as diferentes afeccións sectoriais e os seus procedementos de tramitación, as interaccións entre elas e a súa compatibilidade co planeamento. 
  • A EGAP anuncia os actos previstos en conmemoración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Martes, 7 de Maio de 2019.

    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2019 ao escritor, historiador e antropólogo Antón Fraguas Fraguas (1905-1999). A EGAP, como institución pública galega, súmase á homenaxe deste insigne escritor en lingua galega organizando un acto literario, seguido da inauguración dunha mostra de arte, así como dunha viaxe de interese cultural.
  • Curso para o persoal integrante do Comité de intervención sobre o acoso laboral

    Cursos / Martes, 7 de Maio de 2019.

    A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convócase o curso Acoso laboral: prevención, detección e reparación.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 106 de 260
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212