Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico O patrimonio cultural como instrumento de desenvolvemento sustentable e de relevancia turística

    Cursos / Venres, 22 de Marzo de 2019.

    Este curso monográfico ten como finalidade analizar os cambios normativos producidos coa aprobación da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, e a configuración da protección do noso patrimonio cultural, con especial referencia ao planeamento urbanístico. De igual forma, adiántanse as futuras modificacións que na protección do patrimonio cultural e na elaboración do planeamento urbanístico suporá a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, en tramitación parlamentaria. Estudaranse tamén aspectos novos como a inclusión da lingua e da toponimia por vez primeira na lei como patrimonio cultural inmaterial, falarase dos retos no ámbito arquivístico e bibliotecario e afondarase no patrimonio inmaterial escasamente tratado e no patrimonio arqueolóxico. 
  • Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Venres, 22 de Marzo de 2019.

    A EGAP e o Issga convocan un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico dirixido a empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • A EGAP analiza o primeiro ano de vixencia da nova Lei de contratos do sector público

    Xornadas / Xoves, 21 de Marzo de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe a xornada Un ano de vixencia da nova Lei de contratos do sector público: balance e perspectivas, na que se analizou a evolución desta materia no último ano e as súas principais dificultades.
  • Actividades de formación para o posto de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia

    Cursos / Luns, 18 de Marzo de 2019.

    A EGAP convoca un programa de actividades formativas dirixido en xeral a todo o persoal da Administración de xustiza en Galicia dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia e, particularmente, a aquel que accede a un novo posto de traballo.
  • A EGAP destaca a formación en contratación pública como un elemento esencial dunha boa administración

    Publicacións / Venres, 15 de Marzo de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta mañá a presentación do estudo A gobernanza dos contratos públicos na colaboración público-privada, elaborado polo Centro de Gobernanza Pública (ESADEgov) e a Cambra de Comerç de Barcelona.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 105 de 256
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212