O próximo venres 15 de marzo ás 12.30 horas a Escola acollerá a presentación do estudo "La gobernanza de los contratos públicos en la colaboración público-privada".
A EGAP, en colaboración coa Deputación de Ourense, convoca un curso para o persoal da Administración local de Galicia sobre a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación destinada a persoas que remataran a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas con posterioridade a xaneiro de 2012.
A EGAP convoca 29 edicións formativas e 1410 prazas destinadas aos empregados públicos e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia.
A EGAP celebrará os días 11 e 12 de marzo en Santiago de Compostela o curso monográfico A Lei 40/2015 e o exercicio da competencia administrativa: manual para a desconcentración, delegación, avocación, encomenda e suplencia.