A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación destinada a persoas que remataran a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas con posterioridade a xaneiro de 2012.
A EGAP convoca 29 edicións formativas e 1410 prazas destinadas aos empregados públicos e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia.
A EGAP celebrará os días 11 e 12 de marzo en Santiago de Compostela o curso monográfico A Lei 40/2015 e o exercicio da competencia administrativa: manual para a desconcentración, delegación, avocación, encomenda e suplencia.
De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a EGAP e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convocamos dous cursos en teleformación en materia de prevención de riscos laborais.
A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG o seu programa de autoformación para o ano 2019. Este vai dirixido a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma e ofrece un amplo abanico de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.