Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo

    Investigación / Mércores, 12 de Febreiro de 2020.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación dirixida a persoas que remataran o grao ou licenciatura en Dereito con posterioridade a xaneiro de 2014. 
  • XXIII edición do Premio Manuel Colmeiro

    Investigación / Martes, 11 de Febreiro de 2020.

    A EGAP organiza a XXIII edición do Premio Manuel Colmeiro co gallo de fomentar e distinguir traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia desde calquera perspectiva (histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica). 
  • Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Luns, 10 de Febreiro de 2020.

    A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega tanto para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia coma para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Xornada Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación desde a Administración pública

    Xornadas / Xoves, 6 de Febreiro de 2020.

    O 20 de febreiro, en horario de mañá e tarde, terá lugar na EGAP unha xornada dirixida a dotar ao alumnado dos coñecementos e competencias necesarias para previr situacións de discriminación, culpabilización e/ou aporofobia que se poidan dar por mor dos prexuízos e os estereotipos no marco da Administración pública cara a persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.
  • V Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

    Xornadas / Xoves, 23 de Xaneiro de 2020.

    O próximo 4 de febreiro terá lugar na EGAP unha actividade formativa, dirixida tanto a empregados públicos coma á cidadanía, que constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 87 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212