Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola abre un novo prazo de matrícula para varios cursos

    Cursos / Venres, 18 de Setembro de 2015.

    Co fin de cubrir as prazas vacantes, a Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para catro cursos convocados nos DOG do 3 de febreiro e do 12 de maio (actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia) e para un curso convocado no DOG do 7 de abril (actividades de formación para o persoal da Administración local).
  • Xornada sobre a reforma do Código Penal a debate

    Xornadas / Xoves, 17 de Setembro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG do 17 de setembro, a xornada A reforma do Código Penal a debate co obxectivo de analizar as novidades introducidas pola Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se modifica o Código Penal, e as normas complementarias desta, así como suscitar o debate sobre a conveniencia e utilidade de tales modificacións.
  • A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Martes, 15 de Setembro de 2015.

    Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a  Escola Galega de Administración Pública pon en marcha 10 edicións e 300 prazas do nivel medio dos cursos Linguaxe administrativa galega e Linguaxe xurídica galega, para o persoal das administracións autonómica e de xustiza.
  • Actualización dos temarios dos subgrupos A1 e A2 (promoción interna)

    Temarios / Martes, 15 de Setembro de 2015.

    Cumprindo co compromiso adquirido, a Escola Galega de Administración Pública continúa coa publicación dos temarios correspondentes aos distintos procesos selectivos convocados no DOG o 18 de xuño de 2015.
  • Novo prazo de matrícula para Lexislación transversal no planeamento urbanístico

    Cursos / Venres, 11 de Setembro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula no curso Lexislación transversal no planeamento urbanístico destinado aos técnicos da Administración autonómica ou local que informen instrumentos de planificación urbanística ou territorial, co fin de cubrir as vacantes existentes nos cursos convocados no DOG do 12 de maio.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 166 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212