Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico sobre rexeneración democrática e institucional

    Cursos / Martes, 29 de Marzo de 2016.

    A EGAP convoca no DOG do 29 de marzo un curso monográfico que ten como obxectivos abordar, desde unha perspectiva interdisciplinar, os desafíos aos que deben facer fronte as institucións públicas para favorecer a rexeneración democrática; promover o debate acerca da transparencia, a participación, o control da actividade pública por parte da cidadanía, a rendición de contas e a prevención e loita contra a corrupción; analizar aquelas accións que se han de acometer para mellorar a calidade democrática das institucións; e pór de manifesto o papel da xustiza e o labor dos medios de comunicación na rexeneración democrática e institucional.
  • Curso monográfico sobre os novos fondos europeos e a súa execución en España

    Cursos / Luns, 28 de Marzo de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso monográfico para analizar, desde unha perspectiva pluridisciplinar, non só o novo marco normativo europeo senón tamén a súa execución en España, abordando cuestións cruciais como a distribución de competencias entre as distintas administracións, os obxectivos e prioridades temáticas de cada Fondo, os elementos comúns de xestión de todos eles ou a funcionalidade dos contratos administración e das subvencións como instrumentos de execución.
  • A EGAP convoca subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais

    A Escola / Luns, 28 de Marzo de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 28 de marzo as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2016, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (AFEDAP).
  • Curso monográfico sobre a planificación estratéxica como método de xestión pública

    Cursos / Luns, 28 de Marzo de 2016.

    A Escola Galega de Administración pública publica no DOG do 28 de marzo un curso monográfico sobre a planificación estratéxica como método de xestión pública. Os obxectivos desta actividade son analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e dirección por obxectivos, afondar no coñecemento e manexo das principais ferramentas necesarias para formular e implementar a planificación estratéxica como método de traballo nas organizacións públicas, coñecer algunhas experiencias levadas a cabo na Administración pública e aplicar os coñecementos adquiridos mediante a elaboración dun plan estratéxico.
  • Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Mércores, 23 de Marzo de 2016.

    A través do convenio asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convócase un curso de prevención de riscos laborais dirixido a empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 168 de 258
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212