Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de prevención de riscos laborais de seguridade nos laboratorios

    Cursos / Mércores, 6 de Abril de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U organízase un curso de prevención de riscos laborais: seguridade nos laboratorios.
  • A directora da EGAP destaca a importancia da contratación pública como ferramenta de eficiencia no gasto público e como instrumento ao servizo de políticas públicas

    A Escola / Venres, 1 de Abril de 2016.

    Esta mañá a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, participou no seminario O efecto directo das directivas de contratación pública tras a finalización do seu prazo de transposición: consecuencias prácticas para os entes locais; organizado pola Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Dereito.
  • Curso monográfico sobre rexeneración democrática e institucional

    Cursos / Martes, 29 de Marzo de 2016.

    A EGAP convoca no DOG do 29 de marzo un curso monográfico que ten como obxectivos abordar, desde unha perspectiva interdisciplinar, os desafíos aos que deben facer fronte as institucións públicas para favorecer a rexeneración democrática; promover o debate acerca da transparencia, a participación, o control da actividade pública por parte da cidadanía, a rendición de contas e a prevención e loita contra a corrupción; analizar aquelas accións que se han de acometer para mellorar a calidade democrática das institucións; e pór de manifesto o papel da xustiza e o labor dos medios de comunicación na rexeneración democrática e institucional.
  • Curso monográfico sobre a planificación estratéxica como método de xestión pública

    Cursos / Luns, 28 de Marzo de 2016.

    A Escola Galega de Administración pública publica no DOG do 28 de marzo un curso monográfico sobre a planificación estratéxica como método de xestión pública. Os obxectivos desta actividade son analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e dirección por obxectivos, afondar no coñecemento e manexo das principais ferramentas necesarias para formular e implementar a planificación estratéxica como método de traballo nas organizacións públicas, coñecer algunhas experiencias levadas a cabo na Administración pública e aplicar os coñecementos adquiridos mediante a elaboración dun plan estratéxico.
  • A EGAP convoca subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais

    A Escola / Luns, 28 de Marzo de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 28 de marzo as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2016, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (AFEDAP).
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 171 de 262
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212