Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Mércores, 23 de Marzo de 2016.

    A través do convenio asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convócase un curso de prevención de riscos laborais dirixido a empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • Novo prazo de matrícula para cursos de idiomas

    Cursos / Xoves, 17 de Marzo de 2016.

    Co fin de cubrir as prazas vacantes, a EGAP abre un novo prazo de matrícula para varios cursos de idiomas convocados no DOG do 4 de marzo, destinados ao persoal da Administración autonómica e de xustiza.
  • A Escola abre un novo prazo de matrícula para varios cursos

    Cursos / Luns, 14 de Marzo de 2016.

    Co fin de cubrir as prazas vacantes, a Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para sete cursos convocados no DOG do 12 de febreiro (actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia) e para un curso convocado no DOG do 26 de febreiro (actividades de formación para o PAS das universidades galegas).
  • A directora da EGAP destaca a importancia da transparencia na contratación pública para garantir unha xestión máis eficiente dos fondos públicos

    Xornadas / Venres, 11 de Marzo de 2016.

    A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, clausurou esta tarde a xornada formativa Transparencia e eficiencia na contratación pública, que se celebrou na Escola Galega de Administración Pública á que asistiron máis de 250 persoas. Durante a xornada, na que participaron destacados expertos a nivel nacional, expuxéronse medidas e solucións para evitar casos de corrupción e ineficiencia nos procesos de contratación por parte dos xestores públicos e analizáronse as novas directivas europeas sobre esta materia, que deberán ser aplicadas a partir do 18 de abril.
  • A EGAP prepara o próximo número da revista Administración&Cidadanía

    Publicacións / Martes, 8 de Marzo de 2016.

    Esta tarde reuniuse na Escola Galega de Administración Pública o consello de redacción da Revista Administración&Cidadanía, dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, coa finalidade de aprobar o contido seu próximo número.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 170 de 260
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212