A Escola Galega de Administración pública publica no DOG do 28 de marzo un curso monográfico sobre a planificación estratéxica como método de xestión pública. Os obxectivos desta actividade son analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e dirección por obxectivos, afondar no coñecemento e manexo das principais ferramentas necesarias para formular e implementar a planificación estratéxica como método de traballo nas organizacións públicas, coñecer algunhas experiencias levadas a cabo na Administración pública e aplicar os coñecementos adquiridos mediante a elaboración dun plan estratéxico.