Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola prepara os próximos dous números da Regap

    Publicacións / Xoves, 21 de Xaneiro de 2016.

    Esta tarde reuniuse o consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública, dirixida por Sonia Rodríguez-Campos e coordinada por Marcos Almeida, coa finalidade de aprobar os contidos dos números 50 e 51 da dita publicación.
  • Un grupo de socias do Club Gamboa visita a EGAP

    A Escola / Luns, 18 de Xaneiro de 2016.

    Un grupo de socias do Club Gamboa visitaron esta mañá a sede a Escola Galega de Administración Pública, onde puideron coñecer as instalacións e o funcionamento do organismo da man da súa directora, Sonia Rodríguez-Campos. Ademais, visualizaron o relatorio pronunciado por Javier Gomá na EGAP no ano 2014 dentro do Curso monográfico sobre ética pública e medios para previr a corrupción.
  • Novo número monográfico da Regap sobre Harmonización fiscal

    Publicacións / Venres, 15 de Xaneiro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública publicou un número monográfico da Revista Administración&Cidadanía centrado na Harmonización fiscal.
  • O Consello Reitor aproba o plan de formación para 2016

    A Escola / Xoves, 14 de Xaneiro de 2016.

    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu hoxe o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública onde foi presentado o Plan de formación, que ofrecerá aos empregados públicos máis de 23.000 prazas formativas, e as actividades de formación e divulgación abertas á cidadanía.
  • Bolsa de formación na área de ciencia económica no sector público

    A Escola / Luns, 11 de Xaneiro de 2016.

    A EGAP convoca no DOG núm. 5, do 11 de xaneiro, unha bolsa de formación na área de ciencia económica no sector público para o ano 2016 destinada a licenciados ou graduados en economía con posterioridade a xaneiro de 2012.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 172 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212