Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Primeira convocatoria para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Venres, 12 de Febreiro de 2016.

    A EGAP convoca 197 actividades formativas e 7405 prazas destinadas aos empregados públicos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tal, os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Venres, 12 de Febreiro de 2016.

    A través do convenio asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convócase un curso de prevención de riscos laborais dirixido a empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • A EGAP convoca 1085 prazas para o persoal da Administración de xustiza

    Cursos / Xoves, 11 de Febreiro de 2016.

    A Escola publica no DOG núm. 28, do 11 de febreiro, a primeira convocatoria de actividades formativas para o persoal da Administración de xustiza, que conta con 22 edicións e 1085 prazas.
  • Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Xoves, 11 de Febreiro de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U convócase un curso sobre prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
  • A Escola publica a primeira convocatoria de actividades para o persoal das entidades locais

    Cursos / Xoves, 11 de Febreiro de 2016.

    A EGAP publica no DOG núm. 28, do 11 de febreiro, 22 accións formativas e 739 prazas destinadas aos empregados públicos ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como aos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que presten servizos noutras administracións públicas de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 175 de 262
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212