Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola volve convocar as actividades formativas con maior demanda

    Cursos / Mércores, 22 de Abril de 2015.

    A EGAP convoca unha nova edición das actividades da primeira convocatoria dirixida ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que obtiveron unha alta demanda, ademais de dúas actividades novas.
  • A EGAP e o CIXTEC organizan un curso de Data Warehouse estendido

    Cursos / Venres, 17 de Abril de 2015.

    En virtude do convenio de colaboración asinado entre a Escola de Administración Pública e o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-financeira e Contable (CIXTEC) ponse en marcha un curso de Data Warehouse estendido, dirixido ao persoal do CIXTEC con coñecementos sobre sistemas de análise.
  • A EGAP clausura un curso sobre o marco legal dos eventos deportivos

    Cursos / Xoves, 16 de Abril de 2015.

    O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, clausuraron esta tarde o “Curso de eventos deportivos: aspectos legais, organizativos e económicos”, o cal se celebrou simultaneamente en Santiago de Compostela, Vigo e Ourense a través da modalidade de videoconferencia.
  • Novo prazo de presentación de solicitudes do curso Xénero e políticas públicas. Os orzamentos con perspectiva de xénero

    Cursos / Xoves, 16 de Abril de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para unha edición do curso FC15098 Xénero e políticas públicas. Os orzamentos con perspectiva de xénero que terá lugar do 18 de maio ao 1 de xuño en Santiago de Compostela.
  • A Escola convoca unha xornada sobre Harmonización fiscal

    Xornadas / Luns, 13 de Abril de 2015.

    Esta xornada pretende poñer o foco de debate sobre as tensións e os desequilibrios que os distintos países europeos viviron como consecuencia da última recesión económica, o cal pon en evidencia que só a política monetaria non pode corrixir os shocks idiosincráticos dos países membros. A falta de integración fiscal produce desequilibrios cando temos unha soa moeda e dezaoito políticas fiscais diferentes, o que exacerba o risco de contaxio de tensións que se poidan producir nos mercados de débeda e, con iso, a supervivencia da propia moeda única.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 176 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212