Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP forma os empregados públicos para conseguir unha Administración sen papel

    Cursos / Xoves, 26 de Novembro de 2015.

    Esta tarde, na Escola Galega de Administración Pública, tivo lugar o acto de entrega de diplomas aos alumnos do curso Administración electrónica e arquivo electrónico administrativo. Ao acto asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública; Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e director do curso.
  • Xornada sobre a Lei galega de accesibilidade

    Xornadas / Venres, 20 de Novembro de 2015.

    Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, proponse a realización dunha xornada formativa cuxo obxecto principal é afondar no estudo do texto legal para un mellor tratamento da accesibilidade, en especial nas relacións cidadán-administración.
  • Curso monográfico sobre a posta en marcha da transparencia activa e pasiva

    Xornadas / Xoves, 19 de Novembro de 2015.

    A EGAP convoca, no DOG do 19 de novembro, un curso monográfico que ten como obxectivo ofrecer unha explicación teórico-práctica da aplicación da normativa sobre transparencia polas administracións públicas.
  • A directora da EGAP defende a responsabilidade das administracións na protección do medio

    A Escola / Xoves, 19 de Novembro de 2015.

    A directora da Escola de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, asistiu hoxe á inauguración do Congreso "Dereito ambiental para unha economía verde", que se celebrará no paraninfo do reitorado da Universidade da Coruña durante os días 19 e 20 de novembro.
  • A Escola edita un monográfico sobre a reforma fiscal en Europa

    Publicacións / Mércores, 18 de Novembro de 2015.

    Esta tarde reuniuse na Escola Galega de Administración Pública o consello de redacción da Revista Administración&Cidadanía co obxectivo de aprobar o contido do monográfico sobre Harmonización fiscal que se publicará nas próximas semanas.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 179 de 262
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212