Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP e o ISSGA organizan dúas actividades formativas

    A Escola / Venres, 4 de Setembro de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) convócase un curso sobre inspección técnica de instalacións en emprazamentos perigosos e un sobre fotografía pericial.
  • Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Xoves, 3 de Setembro de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U organízase un curso sobre Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
  • A EGAP publica dous novos números das súas revistas

    Publicacións / Mércores, 2 de Setembro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública sube á rede o número 48 da Revista Galega de Administración Pública (Regap) e o número 2 do noveno volume da Revista da Escola Galega de Administración Pública administración & cidadanía.
  • Novo prazo de matrícula en varios cursos destinados ao persoal da Administración autonómica

    Cursos / Martes, 1 de Setembro de 2015.

    Co fin de cubrir as prazas vacantes a EGAP abre un novo prazo de matrícula para varios cursos convocados no DOG do 12 de maio (cursos de formación continua correspondentes ao segundo semestre) e no DOG do 2 de marzo (actividades formativas e probas de avaliación de carácter libre que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia), todos eles destinados ao persoal da Administración autonómica de Galicia.
  • O ISSGA e a EGAP convocan un curso online de prevención de riscos laborais

    Cursos / Venres, 28 de Agosto de 2015.

    A través do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convócase o "Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico", dirixido a empregados, traballadores por conta allea, autónomos, traballadores designados e delegados de prevención, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 182 de 258
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212