Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU10018 - Xornadas sobre a modernización da Administración Autonómica de Galicia
Imaxe Curso/Xornada

O obxectivo desta xornada sobre a modernización da Administración Autonómica de Galicia é servir de foro de reflexión, discusión e análise acerca dos retos que se lle presentan á Xunta de Galicia neste comezo de século, a fin de dar resposta axeitada ás demandas crecentes da sociedade á que debe prestar servizo.
As características cambiantes do entorno socio-económico, a existencia dunha forte crise económica, unha sociedade en constante evolución nas súas estruturas, o pulo das novas tecnoloxías e a globalización dos mercados e da información esixen unha nova relación entre os cidadáns e a Administración.
Nesta nova relación, conceptos tales como a transparencia na xestión, a austeridade, eficacia e control do gasto, a interoperabilidade, ou a accesibilidade forman unha parte moi importante do rol que ten que asumir a Xunta de Galicia, e esixirán de toda a súa organización (directivos e persoal) importantes esforzos de adaptación e a necesidade de afondar na súa formación nestas materias.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
29/06/2010
Fin
29/06/2010
Prazas
300
Programa
Inauguración da Xornada. “A formación como axente modernizador da Administración Pública”
Martes, 29 de Xuño de 2010.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

O anteproxecto de lei de organización e funcionamento da administración xeral e o sector público autonómico de Galicia.
Martes, 29 de Xuño de 2010.

Ofrécese unha perspectiva xeral acerca do Anteproxecto de Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e o Sector Público Autonómico de Galicia. Son abordadas as razóns que inspiran a norma, as vantaxes da mesma e o contido do anteproxecto mediante unha visión xeral da regulación de cada un dos títulos e unha referencia ás principais novidades.

Faise mención á necesidade que existe na CCAA de Galicia dunha norma institucional básica, que ofreza unha visión de conxunto, estruturada e ordenada, da organización e réxime xurídico da Administración Autonómica.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

O réxime económico orzamentario e de control
Martes, 29 de Xuño de 2010.

O réxime económico orzamentario e de control que se establece no Anteproxecto de Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e o Sector Público Autonómico de Galicia faise necesaria posto que actualmente existe unha gran variedade de lexislación. En moitos casos, estas entidades presentan unha falta de regulación polo que respecta ao seu control. Mediante a nova normativa, o que se pretende é aplicar un réxime financeiro e de control único.

Outros aspectos destacados son a realización dunha regulación detallada das Axencias e a concreción da definición das Fundacións do Sector Público Autonómico. Faise referencia ao obxectivo de estabilidade orzamentaria, presente tamén nos entes instrumentais, por canto estes consolidan as súas contas coa CCAA.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A nova lei da Función Pública de Galicia: principios inspiradores
Martes, 29 de Xuño de 2010.

A aprobación da nova lei da Función Pública de Galicia vén obrigada pola reforma lexislativa que a nivel estatal supuxo o EBEP -se ben diferentes CCAA elaboraron os correspondentes proxectos de lei, a nivel do Estado aínda non foi aprobada a Lei de desenvolvemento do Estatuto Básico-.

Neste relatorio son abordadas as principais novidades recollidas no proxecto de lei: así, por exemplo, a ampliación do ámbito de aplicación, coa finalidade de homoxeneizar o réxime de todos os empregados públicos e aproximar o réxime do persoal estatutario ao funcionario; a creación do Consello Galego de Coordinación do Emprego Público, adscrito á Consellería competente en materia de Administracións Públicas e orientado á coordinación interadministrativa en materia de emprego público.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A eficiencia na xestión pública: a avaliación de organismos dependentes da Xunta de Galicia.
Martes, 29 de Xuño de 2010.

Descríbese o Plan de Avaliación de Organismos Dependentes da Xunta de Galicia levado a cabo pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma administrativa, co obxecto de impulsar a modernización e reforma da Administración Autonómica; ante unha situación de crecemento da administración instrumental. Esta actuación enmárcase dende unha perspectiva de modernización, calidade dos servizos públicos, simplificación e racionalidade administrativa. Ponse de manifesto a experiencia na CCAA de Galicia no desenvolvemento dun sistema de avaliación do desempeño.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

O desenvolvemento da Administración Electrónica, un dereito dos cidadáns
Martes, 29 de Xuño de 2010.

A cidadanía é cada vez máis esixente no que respecta á demanda de servizos por parte das AAPP e considera que as TIC se poden converter nun motor de cambio, para a mellora na prestación dos servizos. Son abordadas as vantaxes do uso das novas tecnoloxías por parte das Administracións, dende diferentes vertentes, aumento da transparencia, mellora das sinerxías entre AAPP, maior acceso dos cidadáns á información, aumento da proximidade ao cidadán, incremento da competitividade, etc.

Faise referencia á publicación no ano 2007 da Lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que leva implícita a obriga de prestación de servizos telemáticos por parte das Administracións; e, por outra parte, faise mención a unha serie de indicadores do Observatorio da Sociedade da Información e do INE, relativos ao acceso ás TIC por parte da cidadanía.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Clausura.
Martes, 29 de Xuño de 2010.

  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212