Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Xunta destaca o labor conxunto das administracións e entidades sociais como clave para loitar contra o narcotráfico

    Xornadas / Venres, 26 de Febreiro de 2016.

    A xornada foi inaugurada pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, que lembrou que a problemática do narcotráfico ten un marcado carácter multidisciplinar por afectar directamente aos ámbitos económico, social, xudicial e sanitario. Todas estas perspectivas foron tratadas en profundidade na xornada, na que expertos na materia, tanto nacionais como internacionais, deron conta polo miúdo desta eiva.
  • A Xunta destaca a importancia da Unión Europea no desenvolvemento de proxectos útiles a nivel municipal

    Xornadas / Venres, 19 de Febreiro de 2016.

    Alfonso Rueda e a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), inauguraron esta mañá na Escola a xornada 30 anos de España na UE: impacto na Administración local, onde expertos na materia analizaron que supuxo para as Administracións públicas españolas a integración europea, facendo especial fincapé nos casos concretos das Administracións locais.
  • Xornada sobre eficiencia e transparencia na contratación pública

    Xornadas / Venres, 19 de Febreiro de 2016.

    A EGAP convoca no DOG do 19 de febreiro unha xornada que ten como obxectivos amosar ferramentas que permitan unha maior eficiencia na contratación -desde o deseño dos contratos ata a súa execución-, analizar boas prácticas na redacción de condicións de solvencia e de criterios de adxudicación e expoñer exemplos concretos de municipios e autonomías.
  • Xornada sobre a loita administrativa e xudicial contra o narcotráfico

    Xornadas / Martes, 16 de Febreiro de 2016.

    A EGAP convoca no DOG do 16 de febreiro unha xornada sobre a loita contra o narcotráfico que ten como obxectivos principais analizar a problemática social do narcotráfico e abordar os medios para combatelo administrativa e xudicialmente; fomentar a coordinación das actuacións e a cooperación institucional; favorecer a intensificación dos esforzos na loita administrativa e xudicial contra a produción, distribución e consumo ilícitos de drogas e debater sobre posibles vías para paliar esta problemática.
  • 30 anos de España na Unión Europea: impacto na Administración local

    Xornadas / Mércores, 3 de Febreiro de 2016.

    O próximo 19 de febreiro a Escola acollerá unha xornada na que se analizará como se articulan e como se adaptaron á Unión Europea as administracións locais de distintos Estados membros. Ademais, determinaranse cales son as fortalezas das cidades españolas que tiveron éxito na captación de fondos europeos e na introdución de instrumentos de políticas innovadoras.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 29 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212