Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornada sobre a xustiza en tempos de incerteza: novidades e retos pendentes

    Xornadas / Mércores, 11 de Maio de 2016.

    O vindeiro 2 de xuño, a EGAP e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre organizarán unha xornada na que se analizarán, desde distintas perspectivas, os principais retos que se lle presentan á xustiza no momento actual e abordaranse, entre outras cuestións, a organización xudicial ou a politización da xustiza.
  • A directora da EGAP destaca as marcas de garantía e as denominacións de orixe como mecanismos esenciais para impulsar a competitividade das empresas

    Xornadas / Luns, 2 de Maio de 2016.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, inauguraron hoxe unha xornada sobre marcas de garantía e denominacións de orixe, que se celebrou en Santiago de Compostela e na que participaron máis de 100 persoas. Ao acto inaugural tamén asistiu o catedrático de Dereito mercantil e director da xornada, Carlos Lema.
  • Nova xornada sobre a Lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia e a Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade 2006

    Xornadas / Mércores, 13 de Abril de 2016.

    O próximo 6 de maio a EGAP organizará en Pontevedra unha xornada sobre a Lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia e a Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade 2006: aplicación e control polas administracións públicas.
  • Xornada sobre marcas de garantía e denominacións de orixe

    Xornadas / Martes, 12 de Abril de 2016.

    Esta xornada permitirá aos asistentes ter os coñecementos xurídicos esenciais sobre marcas de garantía. Estas marcas non indican a orixe empresarial dun produto, senón que garanten uns determinados estándares de calidade ou características do produto. Desde que a reforma do Regulamento sobre a marca da Unión Europea de 2009 recoñeceu as marcas de certificación da Unión, calquera asociación ten a posibilidade de rexistrar unha marca de certificación con efectos nos vinte e oito países que forman a Unión Europea. Finalmente, analizaranse cales son as accións que protexen os titulares de marca de garantía e os organismos titulares de denominacións de orixe, para perseguir as infraccións destas. Así se poñen os remedios xurídicos necesarios para evitar os prexuízos que estas infraccións causan aos citados titulares e aos consumidores.
  • A directora da EGAP destaca a importancia da transparencia na contratación pública para garantir unha xestión máis eficiente dos fondos públicos

    Xornadas / Venres, 11 de Marzo de 2016.

    A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, clausurou esta tarde a xornada formativa Transparencia e eficiencia na contratación pública, que se celebrou na Escola Galega de Administración Pública á que asistiron máis de 250 persoas. Durante a xornada, na que participaron destacados expertos a nivel nacional, expuxéronse medidas e solucións para evitar casos de corrupción e ineficiencia nos procesos de contratación por parte dos xestores públicos e analizáronse as novas directivas europeas sobre esta materia, que deberán ser aplicadas a partir do 18 de abril.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 28 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212