Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas

    Xornadas / Xoves, 2 de Febreiro de 2023.

    A EGAP convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital sobre notificacións electrónicas que terá lugar o martes 14 de febreiro. 
  • A EGAP inicia o foro Diálogos sobre innovación e competitividade no sector público e no sector privado

    Xornadas / Venres, 27 de Xaneiro de 2023.

    A EGAP iniciou esta mañá o foro Diálogos sobre innovación e competitividade no sector público e no sector privado, no marco das actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP), coa conferencia “A Administración dixital e as implicacións da dixitalización no sector privado” impartida polo catedrático de Ciencia Política e da Administración da Universidade Rey Juan Carlos e Administrador Civil do Estado, Manuel Arenilla, e o director de Procesos Dixitais e Axilidade Operativa en ABANCA, Pablo Mateo.
  • Conferencia A administración dixital e as implicacións da dixitalización no sector privado

    Xornadas / Luns, 23 de Xaneiro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, no marco do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca para o 27 de xaneiro a conferencia A administración dixital coa finalidade analizar os efectos da transformación dixital nas organizacións públicas.
  • Webinario O emprego público laboral á luz das reformas de 2021

    Xornadas / Mércores, 18 de Xaneiro de 2023.

    O próximo 26 de xaneiro terá lugar un webinario dirixido a dar a coñecer as importantes novidades introducidas no emprego público laboral a raíz do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, e da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, así como atender aos últimos pronunciamentos xudiciais en materia de persoal ao servizo das administracións públicas.
  • O papel da Administración no actual contexto socioeconómico

    Xornadas / Mércores, 14 de Decembro de 2022.

    O papel do dereito administrativo e da Administración pública evolucionou desde a súa orixe coas revolucións constitucionalistas de finais do século XVIII ata a actualidade. Tras unha tripla crise (económica, sanitaria e bélica) nesta segunda década do século XXI asistimos a unha nova etapa do Estado garante: a Administración «facilitadora», que debe esforzarse por apoiar e simplificar as actividades do sector privado, redundando con iso tamén na consecución dos intereses públicos. No relatorio expoñeranse múltiples exemplos e manifestacións desta nova posición da Administración e do mercado, que xa non poden verse como inimigos, senón como aliados, así como outros desafíos relevantes da Administración no mundo contemporáneo.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 6 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212