Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Conferencia A xestión de fondos do instrumento europeo de recuperación: marco xurídico-administrativo

    Xornadas / Xoves, 13 de Outubro de 2022.

    O próximo 21 de outubro ás 12 horas terá lugar na Escola Galega de Administración Pública unha conferencia impartida por Ricardo Rivero Ortega, catedrático de Dereito Administrativo, sobre xestión de fondos do instrumento europeo de recuperación. 
  • Curso de formación sobre a tramitación de convenios administrativos e subvencións no contexto dos fondos Next Generation

    Xornadas / Luns, 10 de Outubro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración co Concello de Pontevedra, convoca un curso en telepresenza dirixido ao persoal directivo, os funcionarios con habilitación de carácter nacional, o persoal da escala de Administración xeral e o persoal da escala de Administración especial cuxo posto de traballo teña relación coa materia impartida do Concello de Pontevedra.
  • Webinario O réxime do funcionario interino tras o Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público

    Xornadas / Mércores, 14 de Setembro de 2022.

    O próximo 22 de setembro, na modalidade de telepresenza, terá lugar na aula virtual da EGAP un webinario que analizará a reforma contida no Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e en concreto, o estudio do alcance que ten respecto do réxime do persoal funcionario interino.
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas

    Xornadas / Xoves, 25 de Agosto de 2022.

    A EGAP convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital sobre notificacións electrónicas que terá lugar o martes 13 de setembro. 
  • Webinario A protección do denunciante: Plan de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia

    Xornadas / Mércores, 29 de Xuño de 2022.

    A Directiva (UE) nº 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión, abriu un período de adaptación normativa e executiva que tiña como finalidade incorporar as súas previsións, previsións que o sector público debería cumprir antes do 17 de decembro de 2021.

    Un dos instrumentos substantivos do sistema institucional deseñado para a protección do denunciante é a posta en marcha de canles internas efectivas para a tramitación das denuncias, poñendo en marcha as vías adecuadas para a súa tramitación e garantindo a protección do denunciante.

    A directiva establece as normas mínimas para que os Estados membros introduzan e manteñan as disposicións que sexan máis favorables, polo que os distintos niveis da Administración deben regular o seu deseño e adopción dentro do marco de integridade institucional. Neste sentido, este webinario pretende dar a coñecer o contido da Directiva e o Plan de prevención de riscos de xestión que adoptou a Comunidade Autónoma de Galicia a finais do ano 2021 e que está plenamente vixente.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 8 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212