O próximo 20 de xaneiro a EGAP impartirá un webinario destinado a analizar os problemas derivados da crise sanitaria na xestión dos recursos humanos nunha institución complexa como son as universidades, onde a presencialidade e o contacto cos usuarios é intenso, aínda que asimétrico, así como as solucións que se desenvolveron e as propostas de reforma ante unha situación coa cal é posible que haxa que convivir no futuro. Na exposición farase mención aos tres tipos de persoal que prestan servizo nas universidades públicas: o persoal docente e investigador, o persoal de administración e servizos e o persoal investigador e de apoio á investigación.