Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Webinario Políticas públicas para despois da crise económica

    Xornadas / Martes, 14 de Setembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco do programa de actividades do Instituto de Economía Pública de Galicia, o webinario Políticas públicas para despois da crise económica. Esta actividade terá lugar mediante telepresenza o 23 de setembro.
  • Webinario As liñas vermellas da reforma da función pública

    Xornadas / Luns, 13 de Setembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no marco do Ciclo de conferencias sobre "Presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID", o webinario As liñas vermellas da reforma da función pública que terá lugar en telepresenza o 21 de setembro.
  • Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

    Xornadas / Luns, 30 de Agosto de 2021.

    A EGAP convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia dirixidas ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais e á cidadanía.
  • A EGAP reforza a formación do persoal empregado público que xestiona fondos europeos

    Xornadas / Xoves, 17 de Xuño de 2021.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta mañá en Santiago o curso monográfico Fondos Europeos NextGenerationEU co que se reforza a formación dos empregados públicos que participan na xestión de fondos europeos. Na inauguración tamén participou o director xeral de Planificación e Orzamentos, Miguel Corgos; e o director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó.
  • Webinario As reformas administrativas poscrise: balance xeral

    Xornadas / Mércores, 9 de Xuño de 2021.

    No marco do ciclo de conferencias sobre "Presente e futuro do emprego público na Administración pos COVID", a EGAP convoca o webinario "As reformas administrativas poscrise: balance xeral" que terá lugar o 17 de xuño na modalidade de telepresenza.

    En tempos de crise, con afectación da economía, as formulacións de reforma e mellora da Administración xeneralízanse como respostas ineludibles. Ao ser positiva a intención de minimizar os efectos negativos deste tipo de situacións, non pasa desapercibido que a maioría das medidas adoptadas, por evidentes e adecuadas en todo momento, necesitasen para a súa implementación un contexto de crise e dificultade.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 13 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212