A EGAP convoca para o próximo 21 de xaneiro un webinario dirixido a analizar o réxime vixente da carreira administrativa do funcionariado público, nas súas distintas modalidades de carreira horizontal e vertical e promoción interna, prestando especial atención á progresiva introdución da carreira horizontal, contemplada polo EBEP e recollida na Lei do emprego público de Galicia.