Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola convoca a xornada Gobernanza, emprego público e boas prácticas na Administración

    Xornadas / Luns, 9 de Marzo de 2020.

    A Galicia que queremos debe contar cunhas administracións exemplares e eficientes, cuxo funcionamento estea orientado aos resultados e ao cumprimento e que, a través da rendición de contas aos cidadáns, permitan apreciar como a súa boa xestión converte os recursos captados en bens e servizos de calidade, o que debe contribuír a aumentar a valoración das institucións.
  • Ampliado o prazo de matrícula para o e-martes do 3 de marzo

    Xornadas / Mércores, 26 de Febreiro de 2020.

    A EGAP amplía ata o 27 de febreiro o prazo de matrícula para a VI Xornada de formación práctica dixital (e-martes), dedicada ao Rexistro electrónico da Xunta de Galicia e que poderá ser cursada tanto polo persoal empregado público da Administración autonómica como pola cidadanía.
  • VI Xornada de formación práctica dixital (e-martes)

    Xornadas / Venres, 21 de Febreiro de 2020.

    A EGAP, en colaboración coa Amtega, convoca para o próximo 3 de marzo un novo e-martes dedicado ao Rexistro electrónico da Xunta de Galicia e que poderá ser cursado tanto polo persoal empregado público da Administración autonómica como pola cidadanía.
  • A EGAP acolle unha xornada para loitar contra a aporofobia e a desinformación dende a Administración pública

    Xornadas / Xoves, 20 de Febreiro de 2020.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe a xornada Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación dende a Administración pública, unha actividade organizada en colaboración con EAPN-Galicia co obxectivo de prever calquera situación de discriminación que se poida dar por mor dos prexuízos existentes cara ás persoas en situación de pobreza ou exclusión social.
  • Xornada Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación desde a Administración pública

    Xornadas / Xoves, 6 de Febreiro de 2020.

    O 20 de febreiro, en horario de mañá e tarde, terá lugar na EGAP unha xornada dirixida a dotar ao alumnado dos coñecementos e competencias necesarias para previr situacións de discriminación, culpabilización e/ou aporofobia que se poidan dar por mor dos prexuízos e os estereotipos no marco da Administración pública cara a persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 18 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212