Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornada O papel da Administración local ante o novo mercado de distribución de carburantes de automoción

    Xornadas / Luns, 11 de Febreiro de 2019.

    Esta actividade ten como finalidade analizar a actuación da Administración local derivada da nova regulación do mercado de distribución de carburantes de automoción e, en particular, debater acerca dos problemas que a apertura de estacións de servizo pode presentar á Administración local e analizar as especificidades dos novos tipos de gasolineira que combinan combustibles fósiles, electricidade e gas natural.
  • Xornada A revisión dos actos e disposicións nulas de pleno dereito e a declaración de lesividade

    Xornadas / Luns, 28 de Xaneiro de 2019.

    A cuestión relativa á revisión de oficio dos actos administrativos e demais institucións xurídicas relacionadas, como a declaración de lesividade, a revogación, ou os límites á revisión de oficio constitúen temas clásicos en dereito administrativo, pero que se atopan en permanente actualidade pola súa crecente utilización debido a factores como a adopción de novos criterios xurídicos de valoración ou a perentoriedade dos prazos procesuais e a maior sensibilidade da cidadanía na procura de xustiza na correcta aplicación da lei. Cun importante compoñente práctico, a xornada abordará os procedementos regulados nos artigos 106 e 107 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, mediante a realización dun estudo da doutrina do órgano consultivo autonómico sobre estes procedementos nos anos comprendidos entre 2005 e a actualidade.
  • Xornada Operacións de fin de exercicio nas entidades locais. Elaboración de contas anuais

    Xornadas / Venres, 7 de Decembro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha xornada sobre operacións de fin de exercicio nas entidades locais co fin de analizar, desde unha perspectiva práctica, as operacións de contabilidade pública que realizan as entidades locais no fin do exercicio orzamentario, tanto desde un punto de vista económico como orzamentario e patrimonial.
  • A EGAP debate ao redor da reforma da xurisdición contencioso-administrativa

    Xornadas / Mércores, 28 de Novembro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu hoxe unha xornada, á que asistiron máis de 120 persoas, destinada a debater sobre a posible reforma da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa vinte anos despois da súa aprobación. 
  • Xornada A Constitución española no seu corenta aniversario

    Xornadas / Venres, 23 de Novembro de 2018.

    Con motivo do corenta aniversario da nosa Carta Magna, a EGAP celebra unha xornada co obxectivo de aludir ao seu valor e debater arredor da súa posible e controvertida reforma, o procedemento para levala a cabo e as consecuencias que se poidan producir.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 21 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212