Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornada A Lei reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa, vinte anos despois

    Xornadas / Luns, 12 de Novembro de 2018.

    A lei do ano 1956 culminou o proceso de implantación da xurisdición contencioso-administrativa en España coa creación dunha figura, a dos/as maxistrados/as especialistas, que impulsou o seu desenvolvemento xunto cos/as maxistrados/as que procedían da quenda xeral da carreira xudicial.
  • A EGAP acolle unha xornada de debate ao redor da figura da corresponsabilidade parental

    Xornadas / Martes, 23 de Outubro de 2018.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos inaugurou esta mañá a “Xornada de corresponsabilidade parental no cese da convivencia de parella”, xunto ao presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas e o vicepresidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados, Abel Lamas.


  • A EGAP analiza nunha xornada o papel da muller no ámbito xudicial

    Xornadas / Mércores, 3 de Outubro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe unha xornada titulada Xustiza e dereito en igualdade, dirixida facer balance e a analizar polo miúdo a presenza da muller no ámbito xudicial unha vez cumpridos os cincuenta anos da súa incorporación á carreira xudicial.
  • Xornada A corresponsabilidade parental no cesamento da convivencia da parella

    Xornadas / Martes, 2 de Outubro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha xornada para o día 23 de outubro co obxectivo de coñecer e analizar, tanto desde a perspectiva xudicial como psicoemocional, a problemática e as consecuencias dos procesos legais de separación ou divorcio de parellas con fillos/as menores.
  • Xornada Xustiza e dereito en igualdade

    Xornadas / Mércores, 29 de Agosto de 2018.

    1968 foi un ano símbolo de cambios, algúns dos cales son descoñecidos a pesar da súa transcendencia. Un deles foi a incorporación da muller á carreira xudicial. Coincidindo cos cincuenta anos deste feito, corresponde facer balance e analizar os logros obtidos e o que supuxeron, así como a evolución do mundo do dereito en materia de igualdade e os seus retos nun futuro inmediato.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 22 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212