Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

    Xornadas / Mércores, 30 de Marzo de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova e en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.
  • Webinario sobre a Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia

    Xornadas / Luns, 28 de Marzo de 2022.

    A Comunidade Autónoma de Galicia vén experimentando nas últimas décadas un importante proceso de transformación demográfica, socioeconómica e cultural. Os trazos máis salientables da súa dinámica demográfica, compartidos co resto de España, Europa e os países desenvolvidos, son, por unha parte, o incremento da esperanza de vida e, por outra, a variación da fecundidade, que en Galicia, como en todas as sociedades avanzadas, diminuíu nos últimos sesenta anos, malia que aquí dun xeito máis rápido e marcado.
  • A Escola convoca o webinario Proposta dun novo modelo de emprego público

    Xornadas / Luns, 14 de Marzo de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco do Ciclo de conferencias sobre Presente e futuro do emprego público na Administración post-COVID, o webinario Proposta dun novo modelo de emprego público que terá lugar o próximo 24 de marzo. 
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

    Xornadas / Xoves, 3 de Marzo de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca para o próximo 15 de marzo unha xornada que abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva: 
    – Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
    – Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave365. Sala electrónica de sinaturas.
  • Webinario A Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia

    Xornadas / Venres, 18 de Febreiro de 2022.

    A EGAP convoca, no marco do ciclo de conferencias sobre novidades lexislativas no ámbito autonómico,un webinario sobre a recente Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, que ten por obxecto a regulación da acción exterior do sector público autonómico fóra do territorio nacional español, así como establecer regras tendentes a facilitar a acción exterior das restantes entidades públicas galegas, a mellor coordinación e cooperación entre todas as administracións públicas galegas e a colaboración destas cos axentes privados galegos con presenza, proxección ou intereses no exterior.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 10 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212