Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Obradoiro de contratación pública. Role play xurídico-práctico

    Xornadas / Mércores, 17 de Novembro de 2021.

    A EGAP convoca un obradoiro de contratación pública coa finalidade de afondar nesta materia desde un punto de vista práctico e usando técnicas de dinámica de grupo como o role play (simulación ou xogo de roles).
  • Webinario Claves para a modernización da estrutura funcionarial

    Xornadas / Martes, 16 de Novembro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco do Ciclo de conferencias sobre Presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID, un webinario sobre as "Claves para a modernización da estrutura funcionarial", que terá lugar mediante telepresenza o xoves 25 de novembro. A xornada será impartida pola profesora de Dereito Administrativo, Josefa Cantero Martinez.
  • Webinario A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia

    Xornadas / Mércores, 13 de Outubro de 2021.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca para o día 21 de outubro un webinario sobre A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia que terá lugar na Aula virtual da EGAP.
  • Xornada "Galicia. Corenta anos de autonomía (1981-2021)"

    Xornadas / Martes, 28 de Setembro de 2021.

    A aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia foi froito do consenso acadado entre os distintos actores políticos a través dun proceso que comezou cos traballos realizados pola chamada Comisión dos dezaseis. Esta comisión, integrada por representantes de diferentes formacións políticas con presenza en Galicia, presentou un texto profundamente modificado pola “Ponencia dos nove” e que sería aprobado na asemblea de parlamentarios galegos o 5 de maio de 1979. Xa no seu paso, último, polo Congreso dos Deputados, experimentou novas modificacións derivadas da sinatura do denominado “Pacto do Hostal” en setembro de 1980 que cristalizarían no texto definitivo posteriormente sometido a referendo do pobo galego.
  • A Escola convoca os e-martes do mes de outubro, centrados na contratación

    Xornadas / Luns, 27 de Setembro de 2021.

    Os martes 5 e 19 de outubruo terán lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, dúas novas xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que abordarán a contratación pública de Galicia a través dunha parte teórica común aos dous grupos de persoas destinatarias e dunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da escola.

  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 12 de 39
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212