Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP convoca o seu programa de idiomas para o persoal empregado público

    Cursos / Xoves, 20 de Febreiro de 2020.

    A Escola convoca no DOG do 20 de febreiro un total de 47 edicións formativas e 1770 prazas en materia de idiomas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos das universidades galegas. 
  • Cursos de prevención de riscos laborais nivel básico

    Cursos / Luns, 17 de Febreiro de 2020.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convócanse dous cursos de prevención de riscos laborais nivel básico na modalidade de teleformación. 
  • Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Luns, 10 de Febreiro de 2020.

    A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega tanto para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia coma para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Cursos para o persoal do IGCC; da DX de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; e das OMIX e OMIC

    Cursos / Venres, 17 de Xaneiro de 2020.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócanse cinco cursos para o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; e das OMIX e OMIC. 
  • Curso de inglés para persoal do Concello de Pontevedra

    Cursos / Luns, 13 de Xaneiro de 2020.

    A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de Pontevedra convócase o curso de inglés, niveis Básico e Intermedio, para o persoal do Concello de Pontevedra. 
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 35 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212