Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de inglés para persoal do Concello de Pontevedra

    Cursos / Luns, 13 de Xaneiro de 2020.

    A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de Pontevedra convócase o curso de inglés, niveis Básico e Intermedio, para o persoal do Concello de Pontevedra. 
  • A EGAP reforza a formación práctica en contratación pública

    Cursos / Martes, 10 de Decembro de 2019.

    Esta mañá tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un obradoiro xurídico-práctico sobre contratación dirixido en exclusiva ao persoal empregado público de Galicia. Esta actividade, á que asistiron 50 persoas, tivo como finalidade comprender e coñecer en profundidade todas as fases do procedemento de contratación desde un punto de vista práctico e usando técnicas de dinámica de grupo coma o role play.
  • A EGAP destaca a formación en integridade institucional como unha das bases para loitar contra a corrupción

    Cursos / Luns, 2 de Decembro de 2019.

    Esta mañá a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou un curso monográfico de dous días centrado nos sistemas de integridade institucional nas administracións públicas, ao que asistiron unhas 150 persoas.
  • A EGAP convoca varias actividades sobre contratación electrónica

    Cursos / Xoves, 28 de Novembro de 2019.

    No marco do proxecto Universo EGAP Innova, durante este mes de decembro a Escola Galega de Administración Pública acollerá tres actividades formativas sobre contratación electrónica que terán lugar os días 3, 10 e 17 en Santiago de Compostela.
  • Curso monográfico Violencia de xénero na adolescencia

    Cursos / Martes, 26 de Novembro de 2019.

    A EGAP convoca o curso curso monográfico Violencia de xénero na adolescencia coa finalidade de fomentar o coñecemento e a análise crítica necesaria para a identificación das desigualdades, discriminacións e violencias explícitas existentes contra as adolescentes, de xeito que se posibilite a incorporación destes coñecemento ás actuacións públicas e se facilite o desenvolvemento de estratexias de prevención, detección e intervención.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 36 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212