Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP inicia o curso superior sobre Dereito de patentes

    Cursos / Luns, 7 de Outubro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta tarde a primeira das sesións do curso superior sobre Dereito de patentes que durante as próximas semanas cursarán 34 persoas para obter coñecementos específicos sobre esta materia.
  • Curso monográfico A creatividade: unha ferramenta chave da mente. Que é? Como empregala?

    Cursos / Venres, 4 de Outubro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso sobre creatividade co obxectivo de desenvolver esta capacidade nos participantes e a súa capacidade para xerar cambios innovadores na súa realidade laboral. Traballaranse técnicas, procesos e estratexias que facilitan a creatividade e proporanse situacións que requiran de reflexión, argumentación e interacción, permitindo así o adestramento en destrezas para a comunicación positiva e para a relación interpersoal.
  • Curso superior Introdución ás axendas urbanas: das estratexias DUSI ás axendas urbanas

    Cursos / Martes, 1 de Outubro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca o curso superior Introdución ás axendas urbanas: das estratexias de desenvolvemento urbano sustentable e integrado ás axendas urbanas (DUSI). Novas oportunidades para as entidades locais galegas.
  • Curso de transparencia e Administración electrónica no ámbito da Administración local

    Cursos / Luns, 30 de Setembro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Concello de Pontevedra, convoca un curso sobre transparencia e Administración electrónica dirixido ás persoas que ocupen os postos de habilitación nacional correspondentes á Secretaría, Intervención e Tesouraría, o persoal directivo e o restante persoal empregado público que preste servizo no Concello de Pontevedra e no seu organismo autónomo e na Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Curso superior sobre dereito de patentes

    Cursos / Mércores, 25 de Setembro de 2019.

    A EGAP convoca un curso presencial de 50 horas sobre o dereito de patentes, coa finalidade principal de ofrecer coñecementos específicos sobre a protección das invencións a través do dereito de patentes e dos modelos de utilidade. 
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 39 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212