Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP convoca 600 prazas de cursos de idiomas para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Xoves, 19 de Marzo de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de lingua inglesa, francesa e portuguesa destinados aos empregados públicos destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Así mesmo, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes.
  • Novo prazo de matrícula para o curso Administración pública e loita contra a discriminación

    Cursos / Martes, 10 de Marzo de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para o curso FC15038 Administración Pública e loita contra a discriminación: fundamentos europeos e praxe administrativa que terá lugar en Santiago de Compostela do 14 ao 30 de abril.
  • A EGAP convoca 34 actividades e 1660 prazas para o persoal da Administración de xustiza

    Cursos / Martes, 3 de Marzo de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública  publica no DOG núm. 42, do 3 de marzo, a convocatoria de 34 actividades formativas destinadas aos empregados públicos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar; e aos membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Nova convocatoria do Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Luns, 2 de Marzo de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública publica no DOG do 2 de marzo a convocatoria das actividades formativas e as probas de avaliación de carácter libre que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia. O certificado expedido pola Escola Galega de Administración Pública que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade de teleformación ou de acceso libre, permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
  • A EGAP e o Parlamento de Galicia organizan cursos de lingua inglesa

    Cursos / Venres, 27 de Febreiro de 2015.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Parlamento de Galicia convócanse catro cursos de inglés destinados ao persoal do Parlamento de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 97 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212