A Escola Galega de Administración Pública e o Valedor do Pobo celebrarán os días 13 e 14 de novembro un curso monográfico que terá como finalidade o estudo e análise da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e a súa implementación nas Administracións públicas.