Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A Escola publica o Plan de formación para o ano 2015

    Cursos / Xoves, 29 de Xaneiro de 2015.

    O Plan de formación da Escola Galega de Administración Pública, publicado no DOG do 29 de xaneiro, recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia, e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas (UDC, USC e UVigo). Trátase da primeira vez que a formación dirixida a estes catro colectivos se integra nun único documento.
  • Os expertos apostan pola prevención e a formación nos valores éticos para evitar as prácticas ilícitas na administración pública

    Cursos / Xoves, 27 de Novembro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta mañá o inicio do curso ´Ética pública e medios para previr a corrupción’, organizado en conxunto entre este organismo e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, no que participan preto de 90 persoas.
  • Curso monográfico sobre ética pública e medios para previr a corrupción

    Cursos / Martes, 18 de Novembro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, convoca un curso monográfico sobre ética pública e medios para previr a corrupción co obxectivo de analizar os criterios e principios básicos que regulan a ética pública e a súa relación coa transparencia, así como estudar as ferramentas normativas políticas e sociais que faciliten a promoción da ética e a loita contra a corrupción.
  • A EGAP convértese nun foro de debate sobre transparencia e goberno aberto

    Cursos / Xoves, 13 de Novembro de 2014.

    A EGAP acolleu esta mañá o inicio dun curso monográfico sobre transparencia e goberno aberto organizado en conxunto entre este organismo e o Valedor do Pobo, no que se matricularon máis de 150 persoas. Na súa inauguración participaron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; José Julio Fernández, valedor do Pobo; e José Luis Costa, presidente do Consello Consultivo de Galicia.
  • Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Mércores, 12 de Novembro de 2014.

    En virtude do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U. convócase un curso sobre prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación para o persoal que presta servizos no Complexo Residencias de Atención a Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia en Vigo.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 99 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212