Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

    A Escola / Mércores, 16 de Maio de 2018.

    Como un máis dos actos que a EGAP organiza en 2018 para honrar as letras galegas, convócase, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
  • A EGAP convoca subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais

    Cursos / Luns, 14 de Maio de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 14 de maio as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2018, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.
  • Curso sobre a protección das persoas consumidoras no ámbito financeiro e do investimento

    Cursos / Venres, 11 de Maio de 2018.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, a EGAP convoca un curso sobre a protección das persoas consumidoras no ámbito financeiro e do investimento dirixido ao persoal funcionario e laboral do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC); persoal funcionario e laboral das oficinas municipais de Información ao Consumidor (OMIC) e outro persoal das entidades locais e das asociacións de persoas consumidoras e usuarias de Galicia que realicen funcións de asesoramento ás persoas consumidoras, mediación e tramitación de reclamacións de consumo.
  • Actos en conmemoración do Día das Letras Galegas

    A Escola / Martes, 8 de Maio de 2018.

    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2018 á escritora de literatura infantil e xuvenil María Victoria Moreno Márquez. A EGAP súmase á homenaxe desta insigne escritora en lingua galega organizando un acto literario, seguido da inauguración dunha mostra de arte, así como dunha viaxe de interese cultural.

  • Novo prazo de presentación de solicitudes para o programa de autoformación

    Cursos / Luns, 7 de Maio de 2018.

    A EGAP abre un novo prazo de presentación de solicitudes para as probas de avaliación das actividades recollidas no programa de autoformación.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 120 de 255
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212