A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou hoxe un curso monográfico de dous días centrado na nova Lei de contratos do sector público na Administración local. Esta actividade reuniu en Santiago de Compostela a 150 empregados públicos procedentes das entidades locais galegas que recibirán formación específica sobre as novidades máis destacadas da nova normativa.
Esta mañá os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, aprobaron a publicación dun número monográfico sobre a nova Lei de contratos do sector público.
A Escola Galega de Administración Pública convoca o Premio Manuel Colmeiro co gallo de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as Administracións territoriais, institucionais e instrumentais do sector público de Galicia.
A Escola Galega de Administración Pública acollerá os días 19 e 20 de xuño un curso monográfico sobre a nova Lei de contratos do sector público dirixida ao persoal das entidades locais galegas.
De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Escola Galega de Administración Pública; e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para desenvolver actividades de formación e divulgación en materia de administración electrónica e protección de datos convócase un curso de ferramentas Notifica.gal e Rexel.