Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso A nova Lei de contratos do sector público para o persoal das entidades locais de Galicia

    A Escola / Martes, 6 de Marzo de 2018.

    De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Xeral dos Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local (Cosital) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse un curso para empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia denominado A nova lei de contratos do sector público.


  • A EGAP convoca as actividades formativas para o persoal da Administración de xustiza de Galicia

    Cursos / Venres, 2 de Marzo de 2018.

    A EGAP convoca no DOG do 2 de marzo un total de 26 edicións formativas destinadas aos empregados/as públicos/as e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia.
  • II Curso superior de inspección ambiental de Galicia

    Cursos / Venres, 2 de Marzo de 2018.

    A EGAP convoca no DOG do 2 de marzo o II Curso superior de inspección ambiental, o cal aborda, desde unha perspectiva práctica, as modificacións normativas que tiveron lugar desde a realización do I curso no ano 2014, no ámbito da inspección ambiental, así como no do traslado de residuos transfronteirizos.
  • Cen empregados públicos especialízanse na nova lexislación administrativa básica a través dun curso superior

    Cursos / Xoves, 1 de Marzo de 2018.

    Cen empregados públicos iniciaron esta mañá na Escola Galega de Administración Pública o curso superior A nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica. Cunha duración de 45 horas, esta actividade estenderase ao longo de dous meses e servirá para formarlos sobre as principais novidades que achegan as leis 39 e 40/2015 e a súa incidencia na organización e funcionamento da Administración.
  • Xornada Auditoría do sector público

    Xornadas / Xoves, 22 de Febreiro de 2018.

    A EGAP convoca, en colaboración co Colexio de Economistas da Coruña, a xornada Auditoría do sector público na que se tratarán, entre outros temas, a nova Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e a regulación do control interno das entidades do sector público local.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 124 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212