Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Cursos para o persoal das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia

    Cursos / Venres, 29 de Setembro de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia, convócanse dúas actividades formativas presenciais: Os recursos administrativos na nova Lei 39/2015, do 1 de outubro e Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais. 
  • Xornada sobre a adaptación da Lei de protección de datos ao regulamento europeo

    Xornadas / Xoves, 21 de Setembro de 2017.

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizan na EGAP o próximo 29 de setembro unha xornada sobre a adaptación da Lei de protección de datos ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. 
  • Curso monográfico Como traballar a educación emocional infantil

    Cursos / Xoves, 21 de Setembro de 2017.

    A EGAP acollerá os días 9, 10 e 11 de outubro o curso Como traballar a educación emocional infantil, co fin de  achegar ao alumnado os fundamentos das emocións e a xestión emocional como algo que se aprende nas relacións de coidado (especialmente no ámbito afectivo familiar e educativo) e que é a base da seguridade emocional necesaria para un adecuado desenvolvemento psicosocial.
  • Curso sobre innovación na Administración Pública

    Xornadas / Martes, 12 de Setembro de 2017.

    A Universidade Internacional Menéndez Pelayo organiza un curso sobre innovación na Administración Pública que terá lugar en A Coruña os días 9 e 10 de outubro de 2017.
  • Xornada Sistemas federais. Unha comparación internacional

    Xornadas / Luns, 11 de Setembro de 2017.

    O próximo 20 de setembro a Escola Galega de Administración Pública acollerá a xornada "Sistemas federais. Unha comparación internacional" con motivo da presentación do libro co mesmo título, coordinado por Wilhelm Hofmeister e José Tudela Aranda. 
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 122 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212