Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, a EGAP convoca un curso sobre a protección das persoas consumidoras no ámbito financeiro e do investimento dirixido ao persoal funcionario e laboral do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC); persoal funcionario e laboral das oficinas municipais de Información ao Consumidor (OMIC) e outro persoal das entidades locais e das asociacións de persoas consumidoras e usuarias de Galicia que realicen funcións de asesoramento ás persoas consumidoras, mediación e tramitación de reclamacións de consumo.