Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • I Curso superior sobre contratación pública de innovación

    Cursos / Luns, 2 de Abril de 2018.

    A EGAP e a Axencia Galega de Innovación (Gain) organizan unha actividade formativa cun programa teórico-práctico que lle permitirá ao persoal que participa activamente nos procesos de contratación pública obter o coñecemento e as ferramentas necesarias para levar á práctica con éxito os procesos de compra pública innovadora (CPI) nos seus respectivos departamentos.
  • II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade

    Xornadas / Luns, 2 de Abril de 2018.

    A EGAP convoca, en colaboración co grupo de investigación Esculca (Escola-Cultura) e a rede de investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade), o II Simposio internacional aprendizaxe-servizo na universidade: coidando a aprendizaxe e o capital social dos estudantes que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo 25 de maio.
  • A EGAP convoca unha xornada sobre Xustiza e opinión pública

    Xornadas / Mércores, 28 de Marzo de 2018.

    O próximo 17 de abril a EGAP organiza unha xornada sobre Xustiza e opinión pública na que se tratarán os dereitos de opinión e información en relación coas actuacións xudiciais, a percepción social da xustiza e a linguaxe xudicial, entre outros temas.
  • Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais

    Cursos / Martes, 27 de Marzo de 2018.

    A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais para empregados/as públicos/as das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia.
  • Curso de actuación normativa en materia de arbitraxe de consumo

    Cursos / Luns, 26 de Marzo de 2018.

    De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a EGAP e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de actuación normativa en materia de arbitraxe de consumo destinado ao persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 128 de 260
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212