Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico Mindfulness produtivo

    Cursos / Mércores, 25 de Abril de 2018.

    O mindfulness ou atención plena consolidouse recentemente como unha ferramenta destinada a incrementar a concentración, cuxa práctica habitual pode repercutir nunha mellora do rendemento e a creatividade, da consciencia dun mesmo e o control do estrés. No ámbito laboral relaciónase cunha mellora do clima laboral e a produtividade, así como da comunicación e o compromiso e implicación do persoal.
  • Convocatoria extraordinaria coas actividades máis demandadas e con cursos sobre e-admón e seguridade

    Cursos / Luns, 23 de Abril de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 23 de abril un total de 108 edicións formativas que inclúe aqueles cursos que contaron cunha maior demanda durante este ano e tamén cursos específicos en materia de administración electrónica e seguridade. 
  • Apertura de solicitudes para participar na Mostra de arte das Letras Galegas da EGAP

    A Escola / Venres, 20 de Abril de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública, xunto coa Asociación Galega de Arte e Cultura, abre o prazo de solicitude para participar na Mostra de arte das Letras Galegas do ano 2018. Poderá participar o persoal empregado público ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia. 
  • Publicado o número 54 da Regap

    Publicacións / Venres, 20 de Abril de 2018.

    Xa dispoñible para a súa consulta e descarga a través da página web da EGAP o número 54 da Revista Galega de Administración Pública (Regap), correpondente ao periodo xullo-decembro 2017.
  • A EGAP debate sobre a percepción social da xustiza nunha xornada

    Xornadas / Martes, 17 de Abril de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe unha xornada na que se analizou polo miúdo a relación entre a Xustiza e a opinión pública.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 126 de 260
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212