Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de prevención de riscos laborais nivel básico

    A Escola / Mércores, 8 de Febreiro de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convócase un curso de prevención de riscos laborais destinado aos empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes neste ámbito.
  • A EGAP debate en Ourense sobe a Lei de accesibilidade de Galicia

    A Escola / Mércores, 8 de Febreiro de 2017.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Mª Sol Díaz Mouteira, inauguraron hoxe a xornada A Lei 10/2014 de accesibilidade de Galicia e a convención internacional sobre persoas con discapacidade 2006: aplicación e control polas administracións públicas, que se foi seguida por un total de 163 persoas, en Ourense de xeito presencial e mediante videoconferencia en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Vigo. Ao acto inaugural tamén asistiu o profesor de Dereito administrativo da Universidade de Vigo e director da xornada, Jacinto Lareo Jiménez.
  • A Escola publica no DOG o plan de formación para 2017

    Cursos / Xoves, 2 de Febreiro de 2017.

    O plan de formación da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2017 recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia, ao persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico e das institucións públicas autonómicas e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas (UDC, USC e Uvigo).
  • Xornada sobre a Lei de accesibilidade de Galicia e a convención internacional sobre persoas con discapacidade 2006

    Xornadas / Venres, 27 de Xaneiro de 2017.

    A EGAP porá en marcha o próximo 8 de febreiro unha xornada sobre a Lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia, e a convención internacional sobre persoas con discapacidade 2006: aplicación e control polas administracións públicas. As sesións presenciais desenvolveranse en Ourense, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia, pero poderán seguirse por videoconferencia desde Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Vigo.
  • A EGAP forma a cincuenta profesionais do deporte na xestión de instalacións deportivas

    Cursos / Xoves, 26 de Xaneiro de 2017.

    Esta tarde a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inauguraron en Santiago de Compostela un curso sobre xestión de instalacións deportivas. Grazas á celebración desta actividade na modalidade de videoconferencia, cincuenta profesionais do deporte formaranse de xeito presencial e simultáneo nas delegacións territoriais de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 130 de 240
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212