Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP e a Asociación de funcionarios do corpo superior da Xunta de Galicia colaborarán para afrontar os novos retos da Administración

    A Escola / Mércores, 30 de Agosto de 2017.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente da Asociación de funcionarios do corpo superior da Administración Pública da Xunta de Galicia, Pablo Amenedo, asinaron hoxe en Santiago de Compostela un convenio para colaborar- desde o punto de vista da formación, a investigación e a divulgación- na asunción dos novos retos da Administración, tales como a planificación por obxectivos ou a administración electrónica.
  • Curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes que presentan deterioración cognitiva

    Cursos / Martes, 29 de Agosto de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca esta actividade formativa coa finalidade de favorecer o desenvolvemento de estratexias de comunicación efectiva e afectiva, promovendo unha intervención comunicativa eficaz coas persoas que presentan deterioración cognitiva, a través da integración das técnicas de comunicación emocional.
  • Convocada a XX edición do Premio Manuel Colmeiro

    A Escola / Venres, 4 de Agosto de 2017.

    A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca o Premio Manuel Colmeiro na súa vixésima edición co gallo de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia. Os traballos poderán versar sobre a súa organización, estrutura, funcións e/ou ámbitos competenciais.
  • A EGAP e o ISSGA convocan tres novos cursos de prevención de riscos laborais nivel básico

    Cursos / Xoves, 3 de Agosto de 2017.

    De acordo co convenio de colaboración asinado o 4 de xaneiro de 2017 entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse tres edicións do curso de prevención de riscos laborais nivel básico para empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • A Deputación de Ourense convoca cursos para o persoal da Administración local de Galicia

    Cursos / Xoves, 3 de Agosto de 2017.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado o 4 de xaneiro de 2017 entre a Escola Galega de Administración Pública e a Deputación Provincial de Ourense para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse cursos para persoal da Administración local de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 133 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212